6/8/08

Máis aló do Spray

Onte saín a dar unha volta e cando me dispuña a cruzar a rúa descubrín unha sorpresa no semáforo que me fixo partirme o cú; alguén o personalizara... Así que voltei pra casa a pola ¨caza-espéctros¨ ( a cámara) e no resto do meu paseo funme fixando en tódolos semáforos a ver se atopaba algunha sorpresa máis. E así foi!!!
A algún vándalo ocorréuselle xogar coas sinais luminosas e a verdade é que a idea é caralluda e o resultado esta moi ben, unha nova forma de xogar co entorno urbán. O que da de si o plástico adhesivo.
O ¨street-art¨ é así , non coñece barreiras...


A seguir creando e sorprendendo!!!!









.Mahmud elSaru