28/7/08

¿ Quén dixo crise ?




Raparigos, seica estamos en crise !!! Pois vai ser que sí ,a parte da económica, existe unha crise moral, de principos e sobre todo de valores (non me refiro ós de inversión senon ós outros ). Esta situación tan controvertida , pon de manifesto a dependencia que aínda hoxe en día temos do crudo ( o ¨reino de expaña¨ é o oitavo importador de petróleo: 400 millións de barrís ó ano ) cuxa carestía fai tambalearse a todo un sistema económico.

Pero a cuestión é, ¿a quén afecta esta situación? ¿ Á familía Botín ( o nome quédalles mallao ) , a Amancio Ortega , a duquesa de Alba..? Ehh, vai ser que non! Esta peña pode afrontar a subida xeral dos prezos sen ningunha preocupación... Pero, que pasa cos de abaixo?, cos ¨nadie¨, como dixo Galeano.

Por iso persoalmente, opino que a consecuencia directa deste feito , é ( ou será ) a consolidación da inexorable barreira entre o pequeno porcentaxe opulento e a gran maioría exigua, e a caída progresiva na escala social ( basada nós bens económicos ) da chamada clase media.

P.D.- Medidas deseperadas para atallar a crise: hai empresas farmacéuticas que pagan moi ben a quen se ofrece de ¨coelliño de indias ¨ para testar os seus medicamentos...