¡¡¡ Benvidos yonkys do aerosol !!!
As actuais babilonias semellan un enorme escaparate do consumismo que trata ós seus cidadáns coma clientes; onde o espazo público esta privatizado, pois só hai lugar pra ese "pseudo-derivado do arte" coñecido como publicidade: unha das mellores ferramentes do sistema, o espello que reflicte a súa propia imaxe, a súa propia realidade, realidade que estamos obrigados a imitar, en vez de crear, realidade, que temos que asumir en vez de imaxinar.
Omnipresente, todopoderosa e inesquivable ela , asáltanos alí onde imos: hay carteis, pancartas, pantallas, folletos en todos lados : nas cabinas, nas prazas, nas paradas de bus, nos buses, nas rúas, nas estradas, no cine, nos buzóns... cunha clara intención, influir no noso consumo e nos nosos hábitos, ademáis de promover unha estética plástica, superficial, e un estilo de vida insostible, materialista, consumista e falto de ideais.
Gústanos pensar que, o graffitti e o street-art , nacen, en parte, por iso, en protesta ó bombardeo ó que nos someten, reivindicando un espazo no entorno urbán pra un arte libre, independiente e en certa medida altruista, que non alberga outra intención ca de sorprender, entreter, protestar, criticar, divertir...ou simplemente "representar".
E coma en calqueira outro sitio, en Compostela tamén hai unha morea de mentes inquedas que escollen a rúa pra plasmar as súas creacións. O problema é que semella haber unha brigada antigraffitti moi entregada na súa labor condenándoas a unha nímia existenza. Por iso trataremos de recopilar todo o que poidamos a fé de constatar que en Santiago tamén hai unha escena de graffitti .
O blog será como un diario, un caderno de bitácora que actualizaremos inmortalizando o que apereza polas nosas rúas. Pero pra comezar iremos colgando os clásicos ata poñernos ó día.
Queda inagurado este espazo, espazo voso e de nadie, espazo pra tod@s e pra ninguén; inagurámolo como non podía ser doutra forma cos"Classiscs" das nosas rúas, iconos que xa forman parte da nosa memoria visual. Yejahh!!! Que vos cunda!!!
Paz









Subido por : Mahmud elSaru