6/8/08

Máis aló do Spray

Onte saín a dar unha volta e cando me dispuña a cruzar a rúa descubrín unha sorpresa no semáforo que me fixo partirme o cú; alguén o personalizara... Así que voltei pra casa a pola ¨caza-espéctros¨ ( a cámara) e no resto do meu paseo funme fixando en tódolos semáforos a ver se atopaba algunha sorpresa máis. E así foi!!!
A algún vándalo ocorréuselle xogar coas sinais luminosas e a verdade é que a idea é caralluda e o resultado esta moi ben, unha nova forma de xogar co entorno urbán. O que da de si o plástico adhesivo.
O ¨street-art¨ é así , non coñece barreiras...


A seguir creando e sorprendendo!!!!









.Mahmud elSaru

28/7/08

¿ Quén dixo crise ?




Raparigos, seica estamos en crise !!! Pois vai ser que sí ,a parte da económica, existe unha crise moral, de principos e sobre todo de valores (non me refiro ós de inversión senon ós outros ). Esta situación tan controvertida , pon de manifesto a dependencia que aínda hoxe en día temos do crudo ( o ¨reino de expaña¨ é o oitavo importador de petróleo: 400 millións de barrís ó ano ) cuxa carestía fai tambalearse a todo un sistema económico.

Pero a cuestión é, ¿a quén afecta esta situación? ¿ Á familía Botín ( o nome quédalles mallao ) , a Amancio Ortega , a duquesa de Alba..? Ehh, vai ser que non! Esta peña pode afrontar a subida xeral dos prezos sen ningunha preocupación... Pero, que pasa cos de abaixo?, cos ¨nadie¨, como dixo Galeano.

Por iso persoalmente, opino que a consecuencia directa deste feito , é ( ou será ) a consolidación da inexorable barreira entre o pequeno porcentaxe opulento e a gran maioría exigua, e a caída progresiva na escala social ( basada nós bens económicos ) da chamada clase media.

P.D.- Medidas deseperadas para atallar a crise: hai empresas farmacéuticas que pagan moi ben a quen se ofrece de ¨coelliño de indias ¨ para testar os seus medicamentos...

12/6/08

¡ Santiago de ComPlantilla !





Yejahh !!! Apetecíame facerlle un muralillo recopilando algunhas das plantillas que estan a rular por ahí, que non son poucas. En breves colgaremos unha segunda edición. Corre, date vidilla e plasma as túas na rúa pra que aparezan na seguinte entrega. Ala!, a seguir dando guerra!!!


Paz!!!

9/6/08

¿Quén pode máis?
¿Quén pode máis neste pulo, nesta batalla aberta? ¿Os que visten con cores os muros espidos, ou os que os volven deixar nus?



Pois "detrás de cada esquina hay un señor" á caza do streetart ,vixiando que nada novo floreza na zona.
Fai uns días quedeime cunha pegata que había na praza de San Martín Pinario e fun buscar a "caza-espectros"( a cámara) pra captala... Cando voltei, topeime cun paisano que estaba retirandoa e apenas me dou tempo de pillalo, pero.. ahí esta!! Un dos parias encargados desta "nobre tarefa" de protexer ós cidadans de a pé da incómoda presenza destas obras "vandálicas".



Agora trataremos de conseguir facerlle unha entrevista a este amigo noso, coa fín de coñecer a súa opinión...
En resposta a: quén pode mais?, pois esta claro... Os ghamberros son moitos máis e por cada pegata que retiran, péganse 10 máis. Ao menos este homiño non quedará sen curro.

Por certo, podédesnos enviar as vosas movidas ó noso mail : olimbodoartefimero@gmail.com
O único requisito é que se encontren en Compostela ou arredores.
Todas ás fotos que imos subindo encóntranse almacenadas en : www.flickr.com/photos/olimbo , onde podedes descargalas con mellor resolución.


Pis niggas!!!

4/6/08

Cando dúas artes se misturan

Porque tanto o graffitti coma a fotografía son dúas artes visuiais, trataremos de combinalas: non queremos que a foto só sexa unha testemuña inerte do graffitti. Non podo entender un bo graffitti mal fotografado, aínda que sí podo entender un mal graffitti ben fotografado... Bueno, pallas mentais a parte, trataremos, contando coás nosas limitacions, que ás fotos sexan interesantes. Unhas veces só teran un valor documentativo e outras seran maís artísticas, mais coidaremos que ao menos estén ben feitas.




13/5/08

¡¡¡ Benvidos yonkys do aerosol !!!

As actuais babilonias semellan un enorme escaparate do consumismo que trata ós seus cidadáns coma clientes; onde o espazo público esta privatizado, pois só hai lugar pra ese "pseudo-derivado do arte" coñecido como publicidade: unha das mellores ferramentes do sistema, o espello que reflicte a súa propia imaxe, a súa propia realidade, realidade que estamos obrigados a imitar, en vez de crear, realidade, que temos que asumir en vez de imaxinar.

Omnipresente, todopoderosa e inesquivable ela , asáltanos alí onde imos: hay carteis, pancartas, pantallas, folletos en todos lados : nas cabinas, nas prazas, nas paradas de bus, nos buses, nas rúas, nas estradas, no cine, nos buzóns... cunha clara intención, influir no noso consumo e nos nosos hábitos, ademáis de promover unha estética plástica, superficial, e un estilo de vida insostible, materialista, consumista e falto de ideais.

Gústanos pensar que, o graffitti e o street-art , nacen, en parte, por iso, en protesta ó bombardeo ó que nos someten, reivindicando un espazo no entorno urbán pra un arte libre, independiente e en certa medida altruista, que non alberga outra intención ca de sorprender, entreter, protestar, criticar, divertir...ou simplemente "representar".

E coma en calqueira outro sitio, en Compostela tamén hai unha morea de mentes inquedas que escollen a rúa pra plasmar as súas creacións. O problema é que semella haber unha brigada antigraffitti moi entregada na súa labor condenándoas a unha nímia existenza. Por iso trataremos de recopilar todo o que poidamos a fé de constatar que en Santiago tamén hai unha escena de graffitti .

O blog será como un diario, un caderno de bitácora que actualizaremos inmortalizando o que apereza polas nosas rúas. Pero pra comezar iremos colgando os clásicos ata poñernos ó día.
Queda inagurado este espazo, espazo voso e de nadie, espazo pra tod@s e pra ninguén; inagurámolo como non podía ser doutra forma cos"Classiscs" das nosas rúas, iconos que xa forman parte da nosa memoria visual. Yejahh!!! Que vos cunda!!!

Paz









Subido por : Mahmud elSaru