30/11/09

Visto en :

Preguntoiro

Visto en:

na Praza da Feira

- Iso suponse que vai ser a torre de vixiancia da estación de bombeiros, tipo Baywatch ( Os vixiantes da praia ) co seu particular Mich Bukanen velando por nós...


Visto en :
preto da Almaciga

20/10/09


Monografico 1: Sinais por :

elZoe

  • Inaguramos a sección de monográficos que cada certo tempo dedicaremos a algún artista ou tema en concreto. Así mesmo recordarvos que o noso mail ( www.olimbodoartefimero@gmail.com ) está aberto e ansioso de recibir material para publicar así como pra escoitar propostas. E como este foi o primeiro material recibido por mail, gañouse a honra protagonizar o primeiro monográfico.
Esta entrada recopila sinais manipuladas por elZoe en Compostela o longo de alguns anos. Case todas están feitas con autoplas , ( ese plático adesivo ) recortando as figuras e reconstruindo a sinal orixinal, e algunas a plantilla. A idea non é nova , de feito ata emprega un deseño de Banksy , pero sacalle bo partido.
E diredes, ¿ quen é este tipo? nunca vin un graffitti seu !!! Certo, nin nos tampouco. A verdade é que apenas emprega o spray, mais que en plantillas e pra botar alguna firma. Os seus traballos englobanse mais ben dentro do street-art , e son deficiles de adxudicarlle pois nunca van firmadas, como poden ser estas sinais.
Asi foi que xa o publicáramos duas veces ( plantilla de Quien dijo crisis? e Semáforos manipulados ) sen sabelo!!! Coñecemos del alguna plantilla e estructuras que xa iremos mostrando.

Pois ala! Queda inagurada a nova sección a esperas de recibirmos mais material.

Paz!!!!


18/10/09

¿ Herakut en Compos ?


  • Xa decía eu que non podía ser Herakut( Mclaim ), non por que viñera a Santiago , que tamén, senon por a calidade. En fín, quédase nunha simple adaptación (creo) que acargo da tetería que hai ó lado. Chulo, sí, pero... onde estea o orixinal...

17/10/09

GuiriArt


- Oh si neno!!! voltamos!!! O limbo non estaba morto estaba tomando cañas...
Esta vez trataremos de non abandonar a criatura tanto tempo e estar actualizados.

En fín, aqui tedes... merdiña fresca !!! Igual me estou a aventurar o afirmar isto, pero semella que algun guiri ( esa extrana especie ataviada con sandalias e calzetos que, cal ave migratoria, invade Compostela no verao e en semana santa ) deixou a sua particular pegada pola urbe, pintando sobre os mapas turísticos con ceras.
Noraboa guiriartista, conseguiches colarte no mismísimo limbo( uuhhh!!)



16/9/09

"DESORDES CREATIVAS" - Certame de Arte Urbano



http://certamedesordescreativas.blogspot.com/


Moi moi boas!
Xa fai demasiado tempo que non actualizamos este blog tan necesario e, esta vez, tocame a min para presentarvos aquí no Limbo un proxecto que, dende Mutante, estudio de deseño do que son socio, organizamos este ano na vila de Ordes dentro das actividades do Festival Brincadeira e que vimos de actualizar o seu blog recentemente coas obras resultantes do certame.

Aquí vos deixo a imaxe do certame xunto co link ao blog do mesmo, pra que poidades botarlle un ollo... Coido que, quen siga O Limbo vaille interesar xa que poderá ver obras de moitos artistas de rúa, de Santiago e arredores así como de moitas partes de Galicia.

Bótalle un ollo! e que aproveite!

Sokram